Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.110

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de decembro de 2000 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso en diversas escalas dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no DOG nº 10, do 15 de xaneiro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 522, onde di: «Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000», debe dicir: «Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2000».

Na mesma páxina, tema 14, onde di: «suxeitos impugnables», debe dicir: «suxeitos imputables».

Na páxina 523, tema 12, onde di: «..... do Estatuto de Autonomía de 1979», debe dicir: «...do Estatuto de Autonomía do 1981».

Na páxina 524, temas específicos sección de bibliotecas, tema 4, onde di: «o libro e a edición nos séculos XIX e XIX», debe dicir: «O libro e a edición nos séculos XIX e XX».

Na páxina 527, tema 42, onde di: «Aplicación dos criterios da lexislación estatal sobre réxime do solo a valoracións», debe dicir: «Aplicación dos criterios da lexislación estatal sobre réxime do solo e valoracións».

Na páxina 528, tema 18, onde di: «CEE», debe dicir: «UE».

Na mesma páxina, tema 38, onde di: «Artes aparellos de pesca», debe dicir: «Artes e aparellos de pesca».

Na páxina 532, tema 43, onde di: «Marco legal e institucional para a xestión do medio en España», debe dicir: «Marco legal e institucional para a xestión do ambiente en España».

Na mesma páxina, tema 44, onde di: «A directiva 85/337/C», debe dicir: «A Directiva 85/337/CEE».

Na páxina 536, tema 29, onde di: «Monteiras selectas e horta, semilleiros», debe dicir: «Mouteiras selectas e hortas, alcouves».

Na páxina 543, tema 22, onde di: «Influencia da industria química no medio», debe dicir: «Influencia da industria química no ambiente».

Na páxina 545, tema 61, onde di: «Efectos sobre a saúde humana e o medio», debe dicir: «Efectos sobre a saúde humana e o ambiente».

Na páxina 550, tema 18, onde di: «Plans Técnios de montes arborados», debe dicir: «Plans Técnicos de montes arborados».

Na páxina 554, tema 30, onde di: «Expaña», debe dicir: «España».