Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001 pola que se fan públicos algúns dos acordos da comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXXI e XXXII para a obtención do diploma de directivo.

Á vista do acordado na reunión do día 9 de febreiro de 2001 pola comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXXI e XXXII para a obtención do diploma de directivo convocados por Reso

lución do 16 de novembro de 2000 (DOG nº 230, do 28-11-2000).

RESOLVO:

1º Anuncia-la publicación da relación provisional de excluídos da participación nos cursos XXXI e XXXII para a obtención do diploma de directivo.

2º Anuncia-la publicación da relación de admitidos para participar no proceso selectivo dos cursos XXXI e XXXII para a obtención do diploma de directivo, coas puntuacións correspondentes conforme o baremo aplicable.

3º As devanditas relacións estarán expostas no taboleiro de anuncios da EGAP. Tamén serán remitidas ó Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4º Fixar un prazo de dez días para que os interesados poidan aduci-las alegacións que estimen oportunas.

5º Anunciar que a lista definitiva de participantes se publicará só no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública