Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.130

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, mediante o sistema de libre designación, unha praza de vicexerente vacante neste organismo.

Sendo necesaria a dotación da praza de vicexerente na área de recursos humanos que se especifica no anexo I desta convocatoria,

Este rectorado, en cumprimento do establecido nos artigos 20.1º b) da Lei 30/1984, do 2 de agosto,

de medidas para a reforma da función pública, 52 do R.D. 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ó servicio da administración xeral do Estado, e 70 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro, e modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo, e demais normativa de procedente aplicación, convoca a súa provisión conforme as seguintes bases:

Primeira.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira das escalas de técnicos de xestión ou de xestión con destino definitivo na Universidade da Coruña e os funcionarios de carreira dos grupos A pertencentes a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades Autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.

Segunda.-As solicitudes irán dirixidas ó rector da Universidade da Coruña, empregando o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no rexistro xeral desta universidade (Mestranza, s/n. 15001 A Coruña) ou remitiranse a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

A solicitude acompañarase dun currículum vitae, no que se especifiquen os méritos alegados polo candidato ó posto ofertado.

En atención á natureza do posto que se cubra poderán celebrarse entrevistas cos candidatos, que versarán sobre os méritos específicos adecuados ás características do posto, de acordo co previsto nesta convocatoria e, se é o caso, poderanse estender á comprobación dos méritos alegados.

Os aspirantes con algunha discapacidade poderán pedir na solicitude de participación as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización das entrevistas.

A presente convocatoria, así como os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados no prazo e forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Denominación do posto: vicexerente.

Localidade: A Coruña.

Grupo: A.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 29.

Complemento específico mensual: 174.294 ptas.

Forma de provisión: libre designación.

Funcións do posto:

-Auxilia-lo xerente e substituílo nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade.

-Elaborar propostas para a mellora dos procedementos administrativos e de xestión e de formación de persoal.

-Coordina-la xestión dos recursos humanos da universidade.

-Coordina-la formación do persoal de administración e servicios.

-Asistir a comisións e mesas relacionadas coa área de traballo.

-Asesora-las direccións dos centros e servicios da universidade na área de persoal.

-Efectua-lo seguimento dos expedientes administrativos competencia da Xerencia na área de recursos humanos.

-Calquera outra que lle sexa atribuída polo superior xerárquico.