Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Vidal.
Situación: Trabada.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 30 m de lonxitude en conductor LA-56. C.T. de Soutillán de 160 kVA relación 20.000/380-220 V. Redes de B.T. en conductor R.Z. de 5.565 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 29 de decembro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

