Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/355-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. tras de Finsa-A Sionlla.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 925 m de lonxitude, con orixe no C.T. Formaris (expediente 7479) e final no C.T. tras de Finsa-A Sionlla, que se vai instalar. C.T. en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, no lugar de tras de Finsa-A Sionlla do que parten redes de baixa tensión aérea, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 70 m e subterránea en conductor R.V. de 40 m, que conectan a redes existentes. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña