1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Benestar Social. Nº expediente: 13396/240.
2. Obxecto do contrato. Descrición: servicio de atención á infancia e á familia no Concello de Vigo.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo: 2 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento: 31.000.000 de pesetas/ano (186.313,75 euros/ano).
5. Garantías: provisional: dispensada.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo; teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas. Prazo: 8 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.
Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
Variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 10 do prego de condicións administrativas.
11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
Vigo, 6 de febreiro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde