Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/356-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. A Portela e A Fontecova.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: rede de baixa tensión a 220/380 V, que parte do C.T. Vrins e dá servicio os veciños da Portela e da Fontecova, de 2.345 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña