Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

Formuladas alegacións ó prego de condicións que rexerá o concurso para a adxudicación da obra titulada reforma do proxecto 1º e 2º fase construcción Casa do Concello de Moaña, publicado no DOG número 16, do 23 de xaneiro de 2001 e téndoa en conta corríxese o prezo de licitación na forma seguinte:

Onde figuraba: 210.222.223 pesetas.

Debe figurar: 243.331.630 pesetas.

Queda suspendida aquela licitación e no seu lugar establécese un prazo de presentación de plicas por termo de 13 días contados a partir do seguinte ó da súa publicación deste edicto no DOG. Non sufrirá

modificación ningunha o resto das cláusulas que figuran no prego de condicións modificado.

Para a licitación unicamente se terá en conta o presente edicto.

Moaña, 14 de febreiro de 2001.

O alcalde

Rubricado