A Comisión de Goberno deste concello, na súa sesión ordinaria do 12 de xaneiro de 2001, aprobou o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da subministración de materiais para a obra que se relaciona no punto 2, que se expón ó público polo prazo dos oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas. A licitación poderase aprazar no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
1. Entidade adxudicadora. Organismo: Comisión de Goberno.
2. Obxecto do contrato. Subministración de materiais para a execución da obra de acondicionamento de fornos comunais. Tipo máximo de licitación: 5.733.142 pesetas.
3. Tramitación: urxente. Procedemento de adxudicación: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Criterios de selección. Os sinalados na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas.
5. Clasificación do contratista. Non se esixe.
6. Garantías. Provisional: 114.663 pesetas. Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.
7. Obtención da documentación e información. Secretaría do Concello, praza do Concello, 1, 32652 Rairiz de Veiga. Tef.: 988 46 55 52. Fax: 988 46 55 55.
8. Presentación das ofertas. Prazo: 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, se ese día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Concello de Rairiz de Veiga, das nove ás catorce horas.
9. Apertura de ofertas. Terán lugar no quinto día hábil seguinte ó da finalización do devandito prazo (excepto sábados) no salón de plenos deste concello.
10. Gastos de anuncios e transporte de materiais subministrados. Por conta dos adxudicatarios.
Rairiz de Veiga, 18 de xaneiro de 2001.
O alcalde
Rubricado

