Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos 03/0007091/2001 E.M. e 03/0007102/2001 E.M., interpostos por Unións Agrarias de Galicia e Erundina Negreira Rellán, respectivamente, contra a Orde do 7 de decembro de 2000, pola que se establecen as compensacións complementarias como consecuencia da declaración oficial da existencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina (Diario Oficial de Galicia número 238, do 11 de decembro de 2000).

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencias polas que se admiten a trámite os recursos contencioso-administrativos 03/0007091/2001 E.M. e 03/0007102/2001 E.M., interpostos, respectivamente por Unións Agrarias de Galicia e Erundina Negreira Rellán, contra a Orde do 7 de decembro de 2000, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se establecen as compensacións complementarias como consecuencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina (Diario Oficial de Galicia nº 238, do 11 de decembro de 2000).

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprazanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria