Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos servicios de perruquería e podoloxía para centros dependentes desta delegación provincial.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, fanse públicas as seguintes adxudicacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 21/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto:

-Servicio de perruquería de señoras no Fogar da 3ª Idade de Pontevedra.

-Servicio de perruquería de señoras no Fogar da 3ª Idade de Redondela.

-Servicio de podoloxía na Residencia da 3ª Idade do Meixoeiro.

c) Lote:

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 221, do 15 de novembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Canon de explotación anual é de 6.000 pesetas (seis mil pesetas).

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de decembro de 2000.

b) Contratistas:

-Servicio de perruquería de señoras no Fogar da 3ª Idade de Pontevedra: José Mª Ventura García.

-Servicio de perruquería de señoras no Fogar da 3ª Idade de Redondela: Mª Carmen Bastos Vilaboa.

-Servicio de podoloxía da Residencia da 3ª Idade do Meixoeiro: Javier Fernández Fernández.

c) Importe das adxudicacións: 6.000 pesetas anuais (seis mil pesetas), euros 36,06.

d) Nacionalidade: española.

Vigo, 21 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra