Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.366

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de febreiro de 2001 pola que se modifica o concerto educativo cos centros docentes privados que se relacionan no anexo.

Por Orde do 8 de setembro de 2000 (DOG do 5 de outubro), e corrección de erros (DOG do 15 de novembro), apróbanse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio, ciclos formativos de grao superior e formación profesional de segundo grao.

Tendo en conta que o artigo 46.1º do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, establece que as variacións que se poidan producir nos centros por alteración do número de unidades ou por outras circunstancias individualizadas darán lugar á modificación do concerto educativo, sempre que tales variacións non afecten ós requisitos que orixinaron a súa aprobación.

Vistos os informes das delegacións provinciais correspondentes e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-lo concerto educativo cos centros docentes privados que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de

dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña

Concello: A Coruña.

Centro: Calasanz Femenino.

Redúceselle 1 unidade do 2º ciclo da educación secundaria obrigatoria, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Concello: Mugardos.

Centro: Loyola.

Redúceselle 1 ciclo formativo de grao medio xestión administrativa (1 unidade), con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Provincia: Lugo

Concello: Sober.

Centro: Belarmino Fernández Iglesias.

Redúcenselle dúas unidades do ciclo formativo de grao medio servicios de restaurante e bar, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Concértaselle 1 unidade do ciclo formativo de grao medio servicios de restaurante e bar, no referente a formación en centros de traballo, con efectos económico-administrativo do 1 de setembro de 2000.

Provincia: Pontevedra

Concello: As Neves.

Centro: EFA A Cancela.

Concértaselle 1 ciclo formativo de grao medio xestion administrativa (1 unidade), con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Concello: Caldas de Reis.

Centro: San Fermín.

Redúceselle 1 unidade do 1º curso do ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Concello: Vigo.

Centro: Las Acacias.

Concértaselle 1 unidade máis de educación primaria, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Concello: Vigo.

Centro: Montecastelo.

Redúceselle unha unidade do 1º curso do ciclo formativo de grao medio equipos electrónicos de consumo, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Concello: Vigo.

Centro: Victoria.

Redúceselle 1 ciclo formativo de grao medio xestión administrativa (1 unidade), con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2000.

Redúceselle 1 ciclo formativo de grao medio xestión administrativa (1 unidade), con efectos económico-administrativos do 1 de decembro de 2000.