Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo da Empresa Pereira, S.L.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo para a Empresa Pereira, S.L., con nº de código 3601842, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-1-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en dada 23-1-2001. De conformidade co disposto no artigo 4º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de xaneiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 9º.-Complemento de quebrantamento de moeda.

O conductor-perceptor no día en que realice un mínimo de dúas horas da súa xornada laboral as funcións de conductor e cobrador percibirá un plus de 119 pesetas en concepto de quebrantamento de moeda.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Como compensación dos gastos que o persoal da empresa ten que efectuar para se trasladar ó centro de traballo, establécese un complemento de transporte para tódalas categorías profesionais de 179 pesetas por cada día efectivo traballado.

Artigo 12º.-Traballo en domingos e festivos.

Os domingos e festivos, que por necesidades do servicio sexan traballados, e o descanso se produza outro día da semana, aboaranse coa cantidade de 2.073 pesetas a cada traballador, independentemente da súa antigüidade e categoría profesional.

No caso de que excepcionalmente non se puidese desfrutar este descanso, en cómputo mensual, cobrarase co incremento do 140%.

Táboa salarial (1º xaneiro de 2001)

Xefe de persoal132.489 ptas./mes1.078 ptas./hora
Xefe de tráfico132.489 ptas./mes1.078 ptas./hora
Administrativo120.866 ptas./mes996 ptas./hora
Auxiliar administrativo106.303 ptas./mes893 ptas./hora
Inspector3.619 ptas./día982 ptas./hora
Conductor3.587 ptas./día938 ptas./hora
Conductor perceptor3.587 ptas./día938 ptas./hora
Cobrador3.087 ptas./día891 ptas./hora
Mecánico oficial 1ª3.619 ptas./día982 ptas./hora
Mecánico oficial 2ª3.266 ptas./día891 ptas./hora
Mozo3.109 ptas./día891 ptas./hora
Engraxador/lavacoches3.109 ptas./día891 ptas./hora