Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001 pola que se convoca un curso sobre contratación administrativa local.

Dentro do Plan de actividades da EGAP para o 2001, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre contratación administrativa local que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Actualización de coñecementos en materia contractual, analizando desde o punto de vista práctico as diversas clases de contratos e os seus respectivos réximes xurídicos.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios de de Administración local con habilitación de carácter nacional e técnicos de corporacións locais pertencentes ós grupos A e B ou asimilados.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Duración: 43 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública.

3.3. Datas: 23 e 25 de abril, 2, 7, 9, 14, 16, 23, 29 de maio, 5 e 12 de xuño de 2001.

3.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

3.4. Prazas: 40.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo I desta resolución e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 10 días naturais antes do comezo do curso.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web:www.egap.xunta.es.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aúnda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e correción de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,60 puntos.

Novena.-Contido.

A contratación nas administracións públicas. Ámbito de aplicación da lei. Capacidade e solvencia das empresas. A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa. A clasificación e rexistro de empresas. As garantías esixidas para os contratos na Administración. Os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas. Execución e modificación dos contratos. Revisión de prezos nos contratos administrativos. A extinción dos contratos: cumprimento e resolución. O contrato de obras. O contrato de concesión do obra pública. O contrato de xestión de servicios públicos. O contrato de subministración. O contrato de consultoría, asistencia e servicios. A invalidez dos contratos. A impugnación xurisdiccional en materia de contratos administrativos. Endebedamento das entidades locais. Os contratos de seguros nas administracións públicas. Aspectos de fiscalización, contabilidade e orzamentario da contratación administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública