Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña
Denominación: L.M.T.S. O Castrillón-Antonio Ríos.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 500 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV e sección 240 mm Al que parte do C.T. O Castrillón e remata no C.T. Antonio Ríos, no concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e
presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 28 de febreiro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións

