Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. mercado.
Situación: Cariño.
Descricións técnicas: coa finalidade de mellora-la calidade de subministracción de enerxía eléctrica, no concello de Cariño. L.M.T., a 20 kV, cunha lonxitude de 0,34 km, con orixe na L.M.T. Mera-Cariño entre os CC.TT. Queimado e Carril (expediente 29384), conductor tipo R.H.V, e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 28 de febreiro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións

