A Delegación Provincial de Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los concursos que de seguir se relacionan:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.
c) Número dos expedientes: 4 /2001 e 5/2001.
2. Obxecto dos contratos:
a) Descrición:
* Expediente 4/2001: servicio de limpeza e lavandería.
* Expediente 5/2001: explotación do servicio da cafetería.
b) Lugar de execución: Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).
c) Prazo de execución: desde o 9 de maio ata o 31 de outubro.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importes totais:
* Expediente 4/2001: 8.400.000 pesetas/50.485,02 euros.
* Expediente 5/2001: 130.000 pesetas/ 781,32 euros.
5. Garantías.
Defintiva: 4% do prezo de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.
c) Localidade: Ourense. 32004.
d) Teléfono: 988 38 60 96; telefax: 988 38 60 87.
e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 10 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica nos pregos de cláusulas administrativas particulares e nos de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.
c) Localidade: Ourense.
d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: a partir das 10.30 horas.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios do contrato.
Ourense, 26 de marzo de 2001.
P.D. (Orde 19-1-1998)
Isidro José Cabero Juárez
Delegado provincial de Ourense

