De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da
Lei 11/1983 de, reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,
Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que ha de xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 27 de novembro de 2000 (BOE do 21 de decembro).
A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte á súa publicación.
A Coruña, 5 de marzo de 2001.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
ANEXO
Praza de: profesor titular de universidade.
Área de coñecemento: periodismo.
Praza nº: 00/064.
Comisión titular:
Presidente: Fernández del Moral, Alfonso Javier, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.
Secretaria: Diezhandino Nieto, Mª Pilar, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Vocais:
Casasus Guri, José María, catedrático de universidade. Universitat Pompeu Fabra.
Garitaonaindia Garnacho, Carmelo, catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.
Aciron Royo, Ricardo, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.
Comision suplente:
Presidenta: Bezunartea Valencia, María Josefa, catedrática de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.
Secretario: Galán Gamero, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Vocais:
Quesada Pérez, María Montserrat, catedrática de universidade. Universitat Pompeu Fabra.
Guillamet I Lloveras, Jaume, profesor titular de universidade. Universitat Pompeu Fabra.
Rodríguez Wanguemert, Carmen, profesora titular de universidade. Universidade da Laguna.

