En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude:
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de execución do complexo medioambiental de tratamento de R.S.U. e asimilables da Mancomunidade de Municipios do Morrazo.
2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.
-Concellos de Moaña, Cangas e Bueu.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

