O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración Hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-lo seguinte traballo:
-Saneamento, abastecemento, depuración e pavimentación en núcleos do concello (O Irixo-Ourense).
Adxudicatario: Auxiliar y General de Servicios, S.L. (Gauxs).
Orzamento: 151.507.600 pesetas.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e 119 do regulamento.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

