Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Acordo do 13 de marzo de 2001, da Comisión de Goberno, respecto da convocatoria para a provisión en réxime laboral fixo de dous auxiliares de biblioteca e arquivo.

O BOP da Coruña número 70, do 26 de marzo do ano que andamos, pública as bases da convocatoria para a provisión, en réxime laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, de dúas prazas de auxiliars de biblioteca e arquivo vacantes no cadro de persoal laboral.

O prazo para presentar instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Os sucesivos anuncios correspondentes á convocatoria anterior publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Cambre, 27 de marzo de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde