Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.529

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de catro prazas de especialistas de laboratorio convocadas por Resolución do 19 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro de 2001).

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da Resolución do 19 de decembro de 2000 (DOG do 22 de xaneiro do 2001), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de catro prazas de especialistas de laboratorio vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar defectos.

A Coruña, 12 de marzo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña