Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00285-I-2000 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo), e de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00285-I-2000

Obstrucción

LE90R0033251838

Antonia Pérez García

Lg. Eirís de Arriba, 19

159 A Coruña

Con data de rexistro e saída 2-6-2000, foi requirida Antonia Pérez García, para que no prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama do vehículo matrícula C-4864-BC, do período comprendido entre o 13 de decembro de 1999 e a data de recepción do requirimento, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios no vehículo durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente a xustificante á recepción do requirimento tivo lugar o 6 de xuño de 2000. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

24-8-2000; 12.53.20

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

250.000 ptas.
DX-00350-I-2000

PO-7033-BL

3244826057 A2053

Eliemi, S.L.

Praza de España, 2

362 Pontevedra

Realizar transporte de mercadorías (terra) cun vehículo matrícula PO-7033-BL, de catro eixes que está en posesión dunha autorización MPC-N. O citado vehículo ten un PMA de 32.000 kg e presenta un peso total en báscula (achégase billete) de 40.600 kg, o que supón un exceso de 8.600 kg, equivalente o 26% do PMA.

26-10-2000; 16.36; N-558; 4

Artigo 200.3º do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

300.000 ptas.