Aprobada inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 7-2-2001, a delimitación dun polígono co carácter de unidade reparcelable (grafado no plano que figura no expediente, que abrangue os terreos suxeitos á ordenanza 05: edificación cerrada intensiva, sitos na rúa Ramiro Rueda, propiedade de José Saavedra López (denominado soar número 1) e Clemente Mosquera Rodríguez (denominado soar número 2), (artigos 98.1º e 121 da LSG, e 39 do RXU).
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio
de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.
Lugo, 23 de febreiro de 2001.
Mª Eva Martín Miguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de Área

