Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e polo Concello de Redondela (Pontevedra), e realizadas por petición dos concellos as oportunas rectificacións polas delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña e Pontevedra, respectivamente, cómpre face-las correspondentes rectificacións na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 23 de novembro de 2000, así:
-No anexo I, provincia da Coruña, na páxina 15.628, onde di: «71. Pontes de García Rodríguez, As: 27 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo,
Luns día do Carme» debe dicir: «71. Pontes de García Rodríguez, As: 27 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de xullo».
-No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 15.632, onde di: «46. Redondela: 28 de febreiro, Mércores de Cinza; 23 de abril, Luns de Cristo», debe dicir: «46. Redondela: 23 de abril, Luns de Cristo; 14 de xuño, Xoves da Coca».
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais

