Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 26 de marzo de 2001 pola que se derroga a do 3 de agosto de 1994, pola que se regula a comercialización de materiais forestais de reproducción en Galicia.

O comercio de materiais forestais de reproducción veu incrementándose na medida en que a economía forestal foi adquirindo importancia no desenvolve

mento dos países máis avanzados. Por unha parte, a globalización dos mercados incidiu tamén no comercio dos materiais de reproducción forestal e na medida que as transaccións internacionais destes productos gañaron maior volume de negocio, foi necesario crear normas para facilita-la tipificación dos productos e a súa calidade. Todo iso foi acompañado dunha crecente actividade na producción de sementes, na obtención de clons para a reproducción vexetativa, nas tecnoloxías de viveiros e na producción e elaboración de sementes.

En tal situación, promulgáronse, entre outras, a Directiva 66/404/CEE do Consello, do 14 de xuño de 1966, relativa á comercialización dos materiais froiteiros de reproducción, a Orde do 21 de xaneiro de 1984, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, pola que se regula a comercialización dos materiais forestais de reproducción, a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 3 de agosto de 1994, pola que se regula a comercialización de materiais forestais de reproducción en Galicia e o Real decreto 1356/1998, do 26 de xuño, polo que se establecen as normas aplicables á producción, comercialización e utilización dos materiais forestais de reproducción de especies non sometidas á normativa comunitaria. Máis recentemente, promulgouse a Directiva 1999/105/CEE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización de materiais forestais de reproducción, estando moi próxima a promulgación do real decreto co fin de adaptar esta directiva á lexislación

española.

A medida que se foi promulgando nova lexislación obsérvase que, por un lado, o número de especies que deben cumprir estas disposicións é maior, e por outro, que as variables ou conceptos utilizados para definir ou para comercializar aspectos relativos á calidade exterior son cada vez máis amplos e máis determinantes.

Nestas condicións é oportuno e obrigado coordina-la lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia nestes materiais co fin de facilita-lo comercio e o abastecemento da demanda.

Por iso, ante a inadecuación dalgunhas disposicións contidas na Orde do 3 de agosto de 1994 co Real decreto 1356/1998, e de acordo co disposto no Decreto 482/1997, do 26 de decembro, que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo único.-Derrógase a Orde do 3 de agosto de 1994, pola que se regula a comercialización de materiais forestais de reproducción en Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente