Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.647

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (77/2001).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xultado de Primeira Instancia e Instrucción número

dous de Santiago de Compostela, fago saber que en resolución desta data dictada no expediente de referencia tiven por solicitada a declaración do estado de suspensión de pagamentos Cengas 1, Sociedade Anónima (CIF A-15365844), con domicilio social en r/ Ramón Piñeiro nº 3, entresollado B, 15702 Santiago de Compostela e obxecto social o sanatorio e centro médico, así como calquera outro relacionado coa saúde e a morte (ambulancias, tanatorio, compra e importación de equipos, etc.), designando como interventores xuridiciais a Enrique Feáns García, Tomás Ucieda Somoza e Banco Atlántico, S.A.

Dado en Santiago de Compostela o oito de febreiro de dous mil un.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado