Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica subterránea de alta tensión a 66 kV. que se vai instalar entre os apoios nº 14, existente, e nº 11 bis, que se vai instalar na L.A.T. 66 kV. Padrón-Finsa, no termo municipal de Padrón, (expte. nº 231/1999), por resolución desta delegación provincial da data 1 de marzo de 2001, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.
Esta delegación acorda sinala-la día 16 de abril de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 1956 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Padrón, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia, de datas 5-1-2001, 21-12-2000 e 4-12-2000, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalandóselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.
Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 13 de marzo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

