Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Ourense.

2.2. Prazo de execución: oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seiscentos noventa e nove millóns novecentas noventa e seis mil seiscentas trinta e cinco (699.996.635) pesetas, IVE incluído, (4.207.064,51 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: trece millóns novecentas noventa e noventa mil novecentas trinta e tres (13.999.933 ) pesetas (84.141,29 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: vintesete millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas sesenta e cinco (27.999.865 ) pesetas (168.282,58 euros).

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría F.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (Teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internert: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=265.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 marzo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente