Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de consultorías e asistencias e de servicios, para o servicio de mantemento integral dos edificios e instalacións que constitúen o Hospital Abente e Lago e concurso de subministracións sucesivas, para a adquisición de material de lavandería (deterxentes e xabróns), polo procedemento aberto (C. 137 e 141/2001).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artígo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Nº referencia expediente: C. 137/2001.

Obxecto: servicio de mantemento integral dos edificios e instalacións que contitúen o Hospital Abente e Lago.

Orzamento: 22.000.000 de pesetas (132.222,66 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación.

Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de consultorías e asistencias e de servicios.

Nº referencia expediente: C. 141/2001.

Obxecto: adquisición de material de lavandería (deterxentes e xabróns).

Orzamento: 33.000.000 de pesetas (198.333,99 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación.

Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministracións.

Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solici

tados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicions: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 28 de marzo de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña