Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.705

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 73/2001, do 22 de marzo, polo que se crea o Instituto Universitario de Estudios Marítimos na Universidade da Coruña.

A Lei 11/1989, do 20 de xullo, (DOG nº 156, do 16 de agosto), de ordenación do sistema uni

versitario de Galicia (LOSUG), supuxo a realización dunha planificación xeral do sistema universitario galego coa finalidade de supera-las carencias universitarias existentes na nosa Comunidade Autónoma e de reordena-lo sistema universitario de Galicia, atendendo a criterios de desenvolvemento e renovación.

Unha vez rematado o proceso de expansión do sistema universitario de Galicia, faise necesaria a súa consolidación atendendo especialmente á calidade do ensino e da investigación e, máis concretamente, ás cuestións derivadas da definición específica de cada campus: ás directrices de consolidación de calidade e de crecemento de cara á súa propia identificación do perfil académico; á complementariedade interdisciplinar para grandes áreas científicas; e ó avance no perfil académico e investigador, de acordo cos principios e criterios de programación sinalados na LOSUG.

A este obxectivo contribúe a creación do Instituto Universitario de Estudios Marítimos na Universidade da Coruña, de xeito que se configura como centro de investigación, docencia, asesoramento e difusión da información nas áreas científicas e técnicas relacionadas co ámbito das ciencias e técnicas do mar.

Por todo iso, en aplicación do artigo 10.2º da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, por proposta do conselleiro de Educación de Ordenación Universitaria e por instancia do Consello Social da Universidade da Coruña, logo dos informes do Consello de Universidades e do Consello Universitario de Galicia, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro) logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de marzo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a creación do Instituto Universitario de Estudios Marítimos na Universidade da Coruña, no seu campus da Coruña.

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos créase como instituto concertado, mediante un convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Autoridade Portuaria da Coruña.

Este instituto terá como obxectivos fundamentais: organizar e avaliar plans e proxectos de investigación multidisciplinar e interdisciplinarmente sobre ciencias e técnicas do mar; realizar actividades docentes de posgrao e terceiro ciclo de carácter interdisciplinar; impulsa-la actuación científica e técnica dos seus membros e da comunidade universitaria no seu conxunto nos campos que son o seu obxecto de estudio; dar solucións prácticas ós problemas que xurdan

no ámbito das ciencias e técnicas do mar; promove-la difusión e realización de traballos e publicacións sobre estudios científico-técnicos do mar e a creación de bases de datos informativas; e a recuperación, a análise e a divulgación do patrimonio histórico marítimo galego.

Artigo 2º

Para o desenvolvemento das súas actividades, así como para a adscrición do seu persoal, este instituto rexerase pola Lei orgánica 11/1983, de reforma universitaria, pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, polos estatutos da Universidade da Coruña, e polo seu Regulamento de réxime interior, que deberá axustarse ó establecido para este tipo de centros.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria