Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. estrada Poio-Campañó.
Situación: Poio.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, 20 kV, de 249 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T.S. existente entre os CC.TT. Caeira Casino e Boa Vista 3, ata a L.M.T.S. existente ó C.T. rúa Valiña, no concello de Poio.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 23 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

