Solicitando permiso pola Comunidade de Montes do Araño para levar a cabo as obras de construcción dun edificio para centro cultural en Souto Pelado, O Araño, exponse a información pública polo prazo de vinte días e con efectos previstos no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Rianxo, 9 de marzo de 2001.
Pedro Piñeiro Hermida
Alcalde

