Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 948/2000 seguidos por instancia de Juan C. Pérez Muñiz contra Fribarking Aire y Refrigueración sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 28-2-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Que estimando a demanda formulada por Juan Carlos Pérez Muñiz, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Fribarking Aire y Refrigeración S.L., a que á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto de traballo e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 42.771 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 595.546 pesetas.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.
Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 948-2000 de Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.
Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá
aboar á parte o mesmo salario que percibiría estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen ningunha compensación por parte da demandante.
Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, o pronuncio, mando e o asino.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 28 de marzo de 2001.
O secretario xudicial
Rubricado

