Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANTADA

RESOLUCIÓN.

No BOP de Lugo nº 55, do 8 de marzo de 2001, aparecen publicadas as bases que van rexe-la oposición para cubrir en propiedade, mediante oposición libre, dúas prazas de policía local, vacantes no cadro de persoal desta corporación.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os dereitos de exame fíxanse en 5.000 pesetas.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Chantada (praza de Galicia nº 1, 27500 Chantada-Lugo) ou da forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os sucesivos anuncios en relación con esta convocatoria serán publicados no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello.

Chantada, 12 de marzo de 2001.

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

Alcalde

José Antonio Fente Ledo

Secretario