Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede a renovación a Fegafón da autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización.

Vista a solicitude presentada por Julio Blanco Cadahía, en representación de Fegafón, e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a renovación da autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización.

Visto o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e a súa instrucción técnica complementaria ITE-11 cos seus apéndices, aprobado polo R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen as especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención deles.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Conceder ó Fegafón a renovación da autorización como entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE-11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo de 1998.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da

provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria