Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado, número 46/2001, interposto por Ángel Ruíz de Velasco Bellas.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ferrol providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado, nº 46/2001, interposto por Ángel Ruíz de Velasco Bellas, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de febreiro de 2001, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de novembro de 2000, pola que se regula a integración do persoal procedente das cámaras da propiedade urbana de Galicia (DOG nº 222, do 16 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ferrol no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública