Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.361

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, convocado por Orde do 17 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo), pola que se publica a relación de opositores que superaron o segundo exercicio e se convoca para a realización do terceiro exercicio.

En sesión ordinaria celebrada o día 3 de maio de 2001 o tribunal adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Publicar, nos lugares indicados na base II.2.5 da convocatoria, a relación de opositores que superaron o segundo exercicio.

Segundo.-Convoca-los opositores da quenda libre e os de promoción interna para a realización do terceiro exercicio, o día 19 de maio de 2001, sábado, ás 9 horas na facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Para a resolución dos casos prácticos, poderán servirse ós opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta; e poderán acudir con calculadora non programable.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Presidente do tribunal