Pola presente cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.
No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 da Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra
tivo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).
E para que conste e sirva de notificación ós/as denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 2 de abril de 2001.
Mª Cruz Tomé Navas
Xefa do Servicio Provincial de Transporte de Pontevedra
ANEXO
 infrinxido sancionador imposta
 -Expediente-Matrícula-Denunciante -Denunciado-Último enderezo coñecido -Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k. -Precepto
 -Precepto
 -Sanción
 
PO-2818-AV
 G.C. Tráfico Cidade de Vigo, 9
 36300 Baiona-Pontevedra 
 5-4-2000; 17.20; A-9; 155 decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE número 65, do 16 de marzo) 
 Lei 16/1987 e
 artigo 201 do
 R.D. 1211/1990 PO-8118-AD
 G.C. Tráfico A Mariña, 3
 36980 O Grove-Pontevedra 
 10-8-2000; 16.10; N-525; 313 Lei 16/1987 e
 artigo 158 do
 R.D. 1211/1990 Lei 16/1987 e
 artigo 201 do
 R.D. 1211/1990PO-01279-O-2000
 Don Congelados Ría, S.L.
 Realizar un transporte de productos conxelados (luras), carecendo da autorización de productos perecedoiros. Leva distintivo caducado desde novembro de 1999.
 Artigo 7 do Real
 Artigo 143 da
 5.000 pesetas PO-02078-O-2000
 Anselmo Aguin Prol
 Realizar transporte privado complementario de mercadorías carecendo de autorización. Transporta material de orquestra. Servivio privado complementario.
 Artigo 103 da
 Artigo 143 da
 25.000 pesetas 

 
 
 
 