Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.336

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 16 de maio de 2001 pola que se exclúen do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo varios montes do concello da Fonsagrada (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, por non reuniren xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello da Fonsagrada, os montes Carboeiro, Galameiro e outros; Covas e Castelo e Castañeiral de Ferreiros pertencente ás parroquias do Vilar da Cuíña; Vaos e San Pedro de Río, que figuran cos números 22-1; 22-A e 22-B respectivamente, nel.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

José Carlos del Álamo Jimenez

Conselleiro de Montes e Medio Ambiente Natural