Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 2 de marzo, do solo de Galicia e artigo 134 do Real decreto 2159/1978 polo que se aproba o Regulamento de planeamento, infórmase que o Concello de Cangas, en sesión plenaria do día 25 de maio adoptou entre outros acordo o seguinte:

Dictame da comisión informativa de urbanismo relativo á aprobación definitiva da modificación puntual das NN.SS.MM. no ámbito do Alto da Portela para a situación do complexo ambiental de RR.SS.UU. do Morrazo.

Co quorum legalmente establecido, maioría absoluta do número legal de membros da corporación e de conformidade co dictame emitido, o Concello Pleno acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual das NN.SS.MM. no Alto da Portela polo que se varía a modificación urbanística de tres parcelas identificadas nos planos da documentación gráfica como SI 1; SI 2 e SI 3, solos non urbanizables de protección forestal, propoñendo para elas a cualificación de Sistema Xeral de Servicios Urbanos e Infraestructuras co obxecto de situar nelas o complexo ambiental de residuos sólidos urbanos do Morrazo.

Segundo.-Remitirlle á COTOPV da Xunta de Galicia unha copia autenticada do expediente completo e dous exemplares do instrumento aprobado nos que constará dilixencia do secretario do concello facendo consta-la aprobación acadada.

Terceiro.-Publicar no BOP a normativa e as ordenanzas do ámbito modificado, sen prexuízo daqueles recursos que os interesados consideren pertinentes.

Cuarto.-Publica-lo texto íntegro deste acordo no DOG e BOP facendo consta-los recursos procedentes.

Recursos.-Contra este acordo -disposición de carácter xeral- poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da disposición (normativa e ordenanzas) no BOP. O recurso interporase ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo.

Cangas, 28 de maio de 2001.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde-presidente