Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto
1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 21/2000, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente o beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Á dita infracción impónselle unha multa de 200.000 ptas., sen prexuízo da obrigación de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.
De non cumprirse a presente resolución en tódolos seus termos, poderán ser utilizadas as multas coercitivas previstas no artigo 166 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ó da súa recepción.
E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 30 de abril do 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 21/2000
Pablo L. Sánchez Barros
Edificio Herradura nº 3-2º esqda.
Labañou
A Coruña

