Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (2/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 25 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-lo proxecto de compensación do polígono G9.03 camiño da igrexa-Parque de Oza I presentado por Raminosa, S.L.

2. Acepta-la cesión da parcela destinada a vial de 411 m tal e como se describe no proxecto de compensación e incluíla no Inventario Municipal de Bens, condicionando a aceptación da cesión e por tanto a validez do proxecto de compensación a que se xustifique a actualización do tracto rexistral da citada parcela.

O que se fai público para o xeral coñecemento para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aprobaron as normas complementarias ó Regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de Actos de Natureza Urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertíndolles ós interesados que o expediente se encontra ó seu dispor nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña 18, entre as 12 e as 13.30 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente en defensa dos seus dereitos.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda