Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acordou publica-las adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:
1. Servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo (Pontevedra).
-Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Pesca e Protección de Recursos.
Número de expediente: 2001 12 0066.
-Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: servicios.
Descrición do obxecto: servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo (Pontevedra).
Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 243, do 18-12-2000.
-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente e como gasto anticipado.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
-Orzamento base de licitación.
Importe total: 85.000.000 de pesetas (510.860,29 euros).
-Adxudicación.
Data: 29-12-2000.
Contratista: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.
Nacionalidade: española.
Importe de adxudicación: 75.230.510 pesetas (452.144,47).
2. Subministración dunha embarcación patrulleira para servicio de vixilancia e inspección pesqueira, busca e salvamento.
-Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Pesca e Protección de Recursos.
Número de expediente: 2001 12 0062.
-Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: subministración.
Descrición do obxecto: subministración dunha embarcación patrulleira para servicio de vixilancia e inspección pesqueira, busca e salvamento.
Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 36, do 20-2-2001.
-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
-Orzamento base de licitación.
Importe total: 150.000.000 de pesetas (901.518,16 euros).
-Adxudicación.
Data: 9-4-2001.
Contratista: Rodman Polyships, S.A.
Nacionalidade: española.
Importe de adxudicación: 149.199.200 pesetas, equivalentes a 896.705,25 euros.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2001.
Javier Pereiro Muñoz
Director xeral de Recursos Mariños

