Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000054-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r\ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000054-5.

Denunciada: Edelmira Dopazo Franco.

DNI: 35273906W.

Enderezo: Pedreira do Medio, 27 Estribela (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.1º.

Sanción: 100.000 pesetas, 601,01 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000067-5.

Denunciado: José María Rey González.

DNI: 35467509Z.

Enderezo: San Pedro nº 47 As Sinas Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: 6.7º, 6.10º.

Sanción: 150.000 pesetas, 901,52 euros.

De conformidade co previsto na Orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 14 de maio de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo