Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O BOP de Ourense nº 96, do 27 de abril de 2001, con corrección de erros no boletín número 100, do 3 de maio de 2001, publica as bases das convocatorias por concurso-oposición das prazas seguintes:

Funcionarios:

-Un técnico de xestión, subescala técnica, da escala de Administración xeral. Grupo B.

-Un técnico contable e de xestión orzamentaria, subescala técnica, da escala de Administración especial. Grupo B.

-Un auxiliar administrativo, subescala auxiliar, da escala de Administración xeral. Grupo D.

Persoal laboral:

-Un asistente social. Nivel de titulación: medio.

-Un encargado de mantemento eléctrico. Nivel de titulación: graduado escolar.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nos respectivos procesos selectivos será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

O Carballiño, 3 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado