Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.222

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos definitivos correspondentes ó concurso de traslados do 15 de febreiro de 2001, polo que se ofertaban prazas para secretarías de xulgados de Paz entre secretarios de Paz a extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 15 de febreiro de 2001 (BOE e DOG do 2 de marzo), para cubri-las prazas vacantes para secretarías de xulgados de Paz entre secretarios de Paz a extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455, 481 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, o Regulamento orgánico do corpo de secretarios da xustiza municipal, aprobado por Decreto do 12 de xuño de 1970, e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se lles adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada ante

riormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes neste concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas neste concurso, salvo que se pretendan amortizar ante modificación do cadro de persoal orgánico ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación desta resolución no BOE, debendo tomar posesión do novo destino obtido por concurso nos tres días naturais seguintes ó do cesamento, se non hai cambio de localidade, ou nos dez días naturais seguintes, no caso contrario. O prazo de toma de posesión será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta o reingreso no servicio activo á Administración de xustiza, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE, pero neste caso o devandito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso no corpo de secretarios de Paz ou oficiais e, por tanto, non pode computarse como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio deste concurso se atopasen en activo noutro corpo e non desexasen que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma poboación ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos nos que teñan que se desprazar a Canarias, Illes Balears ou Ceuta e Melilla, no que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g) do Regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma competente concederálle-la excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión no corpo de oficiais co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do seu titular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente do conten

cioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o establecido nos artigos 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos comezarán o día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

ANEXO II

RELACIÓN DE EXCLUÍDOS

Concurso: 15-2-2001 (BOE do 2 de marzo).

Ámbito: Galicia.

Cavadas Soto, José (10).

Goyanes López, Mª Adela (4).

Pérez Cordido, Antonio (1).

1. Non levar un ano no seu anterior destino (base segunda.1).

2. Presentación fóra de prazo (base cuarta.1, 2, 3 e 4).

3. Faltar fotocopia da instancia do funcionario/a con quen condiciona (base quinta).

4. Discrepancia entre o código informático e o seu literal (base cuarta.8).

5. Por obter destino no concurso resolto provisional ou definitivamente con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de instancias do concurso actual.

6. Renuncia dentro do prazo (base cuarta.7).

7. Por non asina-la instancia (base cuarta.1, 2 e 3).

8. Por participar para dous corpos (base cuarta.6).

9. Por non pertencer a ningún corpo da Administración de xustiza.

10. Por non indica-lo corpo para o que participa.

11. Por non pertencer ó corpo para o que participa.

12. Por non corresponde-las prazas solicitadas ó corpo para o que participa.