Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.224

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (42/2001).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Instrucción número dous de Noia, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 42/2001 se acordou citar a Jorge Morales Cruz, en calidade de denunciado, co fin de que no próximo día 26 de xuño do ano que corre, ás 12 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir á celebración do xuízo verbal de faltas sobre lesións sufridas por Brays Rey Martínez en accidente de tráfico acontecido no día 21 de xullo de 2000.

E para que conste e sirva de citación a Jorge Morales Cruz, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o dez de maio de dous mil un.

A secretaria

Rubricado