Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Tras de Finsa-A Sionlla.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 925 m de lonxitude, con orixe no C.T. Formarís (expediente 7479) e final no C.T. Tras de Finsa-A Sionlla, que se vai instalar. C.T. en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, no lugar de Tras de Finsa-A Sionlla do que parten redes de baixa tensión aérea, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 70 m e subterránea en conductor R.V. de 40 m, que conectan a redes existentes. Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 2 de maio de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña