Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (19/2000).

A Alcaldía, con data do 22 de xaneiro de 2001, dictou a seguinte resolución:

«1. Iniciar procedemento de substitución do sistema de compensación, previsto no PXOM para a execución do polígono E5.01 por ter transcorrido o prazo de tres meses desde a aprobación definitiva

do plan xeral sen que fose presentado o proxecto de estatutos e bases de actuación, o que se xestionará por cooperación.

2. Requiri-los propietarios afectados para que nun prazo de tres meses, presenten os propietarios que representen máis do 50% da superficie do polígono, o proxecto de estatutos e as bases de actuación, advertindo que transcorrido o dito prazo se procederá a continua-lo procedemento de substitución do sistema de compensación do citado polígono polo de cooperación.

3. Someter a información pública o expediente de cambio de sistema en previsión de que a propiedade non dea cumprimento ó exposto no punto anterior, con citación persoal ós interesados».

O que se fai público para xeral coñecemento indicando que o expediente de referencia permanecerá a exposición pública polo prazo de vinte días, contados a partir da publicación da presente resolución, durante o que se poderá consultar na oficina de Xestión do Servicio de Urbanismo, sito na avda. da Mariña, 18, de luns a venres e de 12 a 14 horas, e presentar cantas alegacións se estimen oportunas.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo